xoves, 7 de marzo de 2013

4º CROSS ESCOLAR CEIP A RUA

A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 17 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 4º Cross Escolar, que este ano como novidade añade a categoría de ex-alumnos i ex-alumnas cursando a ESO.


É por este motivo polo que temos o pracer de convidar a tódolos alumnos e alumnas do seu colexio a participar nas diferentes probas descritas a continuación:


CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS 3, 4 E 5 ANOS 2009, 2008 e 2007
MINIBENXAMÍN 2005 e 2006
BENXAMÍN 2003 e 2004
ALEVÍN 2001 e 2002
EX-ALUMNOS OU ALUMNOS cursando ESO 2000, 1999, 98, 97
PAIS E NAIS


DORSAIS

Cada delegado encargarase de facer e repartir os dorsais coa suficiente antelación, usarase o mesmo nº de dorsal para todos os participantes do mesmo centro.
No dorsal poráse o nº e categoría, nome do nen@ e colexio.

RELACION DE DORSAIS POR ORDE ALFABETICO
1 CEIP A GUÍA
2 CEIP A PEDRA-BUEU
3 CEIP A RÚA
4 CEIP CASTRILLÓN
5 CEIP DA LAXE
6 CEIP DA TORRE-CELA
7 CEIP DE ABELENDO
8 CEIP DE ARDAN
9 CEIP DE CANGAS-NAZARET
10 CEIP DE QUINTELA
11 CEIP DE REIBÓN
12 CEIP DE SEARA
13 CEIP DE SEIXO
14 CEIP DE SEQUELO-MARIN
15 CEIP DO CARBALLAL
16 CEIP DO HÍO
17 CEIP DOMAIO
18 CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
19 CEIP MONTEMOGOS
20 CEIP SAN ROQUE
21 CEIP TIRAN
22 CEP RIOMAIOR
23 CPR CASA DE LA VIRGEN
24 CPR COMPAÑÍA DE MARÍA
25 CPR EDUARDO PONDAL
26 CPR LA INMACULADA
27 CPR SAGRADA FAMILIA
28 CPR SAN NARCISO
29 CPR VIRGEN MILAGROSA
30 EX-ALUMNO/AS OU ALUMNOS CURSANDO A E.S.O

INSCRIPCIÓNS
A inscripción poderase facer vía fax no 986303918 ou vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ata o día 12 de marzo ás 12:00h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificad@s de cada categoría. Non se darán medallas.
Rogamos notifiquen na inscripción se o nen@ ten algún tipo de alerxia alimentaria, os nen@s que teñan algunha alerxia terán que decir o seu nome na recollida da merenda. Para facilitar a nosa labor agradeceriamoslles que a inscripción fose vía e-mail. Ver folla de inscripción anexa na páxina seguinte.

ORDE DE PROBAS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30:00 ALEVÍN FEMININO 700m


ALEVÍN MASCULINO 700m


BENXAMÍN FEMININO 450m


BENXAMÍN MASCULINO 450m


MINIBENXAMÍN FEMININO 245m


MINIBENXAMÍN MASCULINO 245m


PITUFAS 5 ANOS 120m


PITUFOS 5 ANOS 120m


PITUFAS 4 ANOS 100m


PITUFOS 4 ANOS 100m


PITUFAS 3 ANOS 80m


PITUFOS 3 ANOS 80m


EX-ALUMNO/AS OU ALUMNO/AS 900m


NAIS E PAIS 900m

Agradecendo de anteman a súa atención, quedamos á espera das súas novas.

Atentamente saúdalles

ANPA DO CEIP A RÚA


Ningún comentario: