mércores, 24 de xaneiro de 2018

Comunicado de presentación do novo equipo directivo da nosa ANPA 2017/2018

Estimadas familias,
Como todos sabedes, o día 14/1/17 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa, e a modo de presentación, invitámosvos a participar nas actividades e proxectos que se van a levar a cabo.
Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 16 membros, e comezamos esta nova etapa con moito ánimo e ilusión.
Dicir que sen a colaboración dos socios os nosos proxectos carecerían de sentido, xa que as apartacións de todos os socios, tanto en axuda humana como económica (15 €/ anuais/familia), fan que todo isto sexa posible.
Como mostra, indicar que a Festa de Fin de Curso e o Cross Escolar supoñen un grande esforzo humano e económico, do cal se benefician todas as familias do cole (tanto socios coma non socios).
Aproveitamos a ocasión, para agradecer:
  • A dirección do centro e o profesorado, así coma a todo o persoal non docente, pola súa colaboración.
  • A Xunta Directiva cesante, que facilita a transición e nos aporta a súa experiencia.
  • A todas as familias que forman parte da Anpa, e a todas as persoas que colaborar cando se solicita a súa axuda.
Como conclusión, queremos animar a todas as familias do cole, a PARTICIPAR DESTA ASOCIACIÓN, xa que así todos poderemos beneficiarnos da súa actividade, sendo máis xusto para todas as familias.
Un saúdo ,

A Xunta Directiva, Anpa a Rúa

Ningún comentario: