mércores, 24 de xaneiro de 2018

Información cota anual ANPA

Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2017/2018, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Abanca, con estos datos:
Abanca conta nº: ES64 2080 5079 8330 4000 1135
Concepto: "COTA ANPA", Nome d@ nen@ ou nen@s:................ Curso/os:................
Importe: 15€
Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s como mínimo durante os dous anos do 3º ciclo, é dicir, 5º e 6º.
Tamén debedes saber que tódolos pais que teñan fillos noutro centro da Federación de Anpas Galegas, farán unicamente un pago por algún deles, pero se non é no CEIP A Rúa, debedes enviar un xustificante para o noso coñecemento, e contar como socios ós alumnos da mesma familia.
Tamén recordar que para poñervos en contacto con nós, podedes facelo a través do buzón que se atopa na recepción do cole, vía correo electrónico anpa.arua@gmail.com  e tamén por suposto directamente cando nos atopemos no colexio.
Gustaríanos que superades a importancia que ten ser soci@ da ANPA, non só para axudar a sufragar entre outras cousas, a Festa de Fin de Curso, o Cross Escolar, a Festa de Nadal, etc.. cun aporte económico importante ou as distintas colaboracións coa directiva do colexio ó longo do curso. Ademais pódense levar a cabo diferentes proxectos, coma foi no seu momento a compra de ordenadores para o centro ou o pintado e arranxo do chan da aula de 3 anos, pintado do muro exterior, etc,  beneficios dos que non disfrutaríamos todos se non tivera colaborado a ANPA.
Esperando que o consideredes tan prioritario coma o é para nós, saúdavos atentamente,

A Xunta Directiva

Ningún comentario: