sábado, 12 de setembro de 2015

Información da COTA ANUAL da nosa ANPA

Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2014/2015, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Abanca, con estos datos:

Abanca conta nº: 2080 5079 83 3040001135
Concepto: "COTA ANPA", Nome d@ nen@ ou nen@s:................ Curso/os:................
Importe: 15€

Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s como mínimo durante os dous anos do 3º ciclo, é dicir, 5º e 6º.
Tamén debedes saber que tódolos pais que teñan fillos noutro centro da Federación de Anpas Galegas, farán unicamente un pago por algún deles, pero se non é en CEIP A Rúa, debedes enviar xustificante para o noso coñecemento, e contar como socios ós alumnos da mesma familia.
Debido a decisión da ANPA do Ies Rodeira, Ies Montecarrasco e Ceip Espiñeira de non seguir federados na Federación de Anpas de Cangas, na que si estamos federados,a partir de este curso, xa non é valido o pago da cota da ANPA do instituto ou outro centro, para ser socio/a desta asociación.  
Tamén recordar que para poñervos en contacto con nós, podedes facelo a través do buzón que se atopa na recepción do cole, vía correo electrónico anpa.arua@gmail.com  e tamén por suposto directamente cando nos atopemos no colexio.
Gustaríanos que superades a importancia que ten ser soci@ da ANPA, non só para axudar a sufragar entre outras cousas, a Festa de Fin de Curso, o Cross Escolar, a Festa de Nadal, etc.. cun aporte económico importante ou as distintas colaboracións coa directiva do colexio ó longo do curso. Ademais pódense levar a cabo diferentes proxectos, coma foi no seu momento a compra de ordenadores para o centro ou o pintado e arranxo do chan da aula de 3 anos, etc,  beneficios dos que non disfrutaríamos todos se non tivera colaborado a ANPA.
Esperando que o consideredes tan prioritario coma o é para nós, saúdavos atentamente,
A Xunta Directiva

Ningún comentario: