sábado, 12 de setembro de 2015

Información da aplicación "TOKAPP SCHOOL"

Tal e como se informou o curso pasado, a ANPA comunicará as súas notificacións a través da aplicación "Tokapp School", e deste BLOG.  Agradeceriámosvos que nos indicásedes os vosos usuarios de Tokapp ou o voso correo electrónico o antes posible (para todos aqueles que non o fixeron), para que non perdades a información, xa que ésta non se entregará en papel. Para @s que non o fixeron todavía, e se o voso móbil o permite, podedes descargar a aplicación "Tokapp School" dende o "Playstore", darvos de alta, e comunicarnos o voso usuario. Se non tendes datos ou non queredes descargar a aplicación no móbil, podedes facilitarnos un correo electrónico ao que se enviarán as comunicacións dende esta aplicación.
Para @s que non teñan un móbil que permita a instalación desta aplicación, nin E-mail, podedes facilitarnos o voso número de telefono móbil. Deste xeito, e se sodes soci@s da ANPA, se vos enviará a información vía SMS (este proceder supón un custo adicional para a ANPA), aínda que por esta vía a información chegaría mais reducida.
Tede en conta que, de todas todas, poderedes informarvos na porta do cole, onde sempre deixaremos as notificacións máis importantes.
Gustaríanos poder chegar ao 100% das familias dunha forma ou outra. Podedes achegarnos calquera desta información requerida a través do buzon da ANPA.

Ningún comentario: