- AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases.
TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s
nen@s aprendan o idioma naturalmente. Haberá dous grupos no mesmo horario, un para infantil e outro para primaria.
TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos
nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral, a linguaxe en público, etc.
LINGUAXE DE SIGNOS: Taller moi dinámico onde a través da interpretación e xogos fan un recorrido por todas as letras neste linguaxe.
OBRADOIRO MUSICAL (Pandereta/Gaita). A cargo de Tromentelo,
OBRADOIRO DE ESCRITURA. Iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, experimentación literaria e o pracer de escribir.
TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico.
DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo.
BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá. Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
BALONMÁN: De 6 a 12 anos. GRATUITA. Actividade deportiva Subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario